CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Dobre premio para a Asociación Cultural Bran no concurso Xacarandaina

Diego Prieto co segundo premio logrado como solista.
Diego Prieto co segundo premio logrado como solista.

Moi contentos regresan os membros da Asociación Cultural Bran de Castro Caldelas do XVII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina, celebrado o 29 de maio na Coruña. Participaban tanto no apartado de solistas como no de cuartetos e, en ambos, conseguían levarse un galardón.

Os membros desta asociación musical de Castro Caldelas, na Coruña.
Os membros desta asociación musical de Castro Caldelas, na Coruña.

Así, como gaiteiro solista, Diego Prieto acadaba o terceiro premio do certame, tras interpretar tres pezas: “Alalá das mariñas”, “Jota do Vello” e “Noitébrega” (de Xosé Luis Romero con arranxos de Daniel Bellón). Ademais o Bran Cuartet, que tocaba “Jota da miña burriña” e “Jota de Forcarei”, conseguía o segundo premio na categoría de cuartetos. E todo isto nunha das edición máis desputadas e con máis nivel deste concurso. Esta era a segunda ocasión que estes músicos participaban neste certame.

Fotos: cedidas pola Asociación Cultural Bran.

Artigos relacionados

Back to top button