DeportesÚltima hora

Dúas medallas por equipos para o Adas e destacados postos individuais no Campionato de España 10k

A atleta Inés Docampo, unha das atletas que competían neste nacional./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Destacada actuación dos atletas do Adas Cupa do Barco no Campionato de España de 10 km que se desenvolve nesta fin de semana en Huelva. O club valdeorrés competía na tarde do sábado e conquistaba dúas medallas por equipos. Unha delas era unha prata da man do equipo feminino F40 (formado por Esther Rodriguez Díez, Iria Fernandez Fontenla, Elena Ledo López, Martina Tasende Andrade e Concepción Prada Hernández) que rexistraba unha marca de 1:57:26, unicamente superada polo rexistro de 1:57:18 do Trops-Cueva de Nerja.

O outro metal viña da man do equipo masculino M45, que se facía co bronce. Estaba integrado por Israel Ropero Caballero, José Carlos Ferreira González, Juan José Álvarez Cures e José Manuel García Pérez. Ademais o equipo absoluto feminino do Adas quedaba quinto, sendo décimo o masculino.

A nivel individual sobresaen, entre outros resultados, o posto 14º de Inés Docampo en feminino absoluto, o sétimo posto en F40 de Iria Fernández,  8º de Elena Ledo en F40, o noveno de Concepción Prada en F45.

 

Artigos relacionados

Back to top button