EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A Federación de Comercio de Ourense elixe nova xunta directiva

Beatriz Gómez Valcárcel convértese na primeira muller á fronte dun colectivo que ten máis de tres décadas de historia

A Federación de Comercio de Ourense mantivo esta tarde unha asemblea xeral para elixir á nova xunta directiva, que será liderada por Beatriz Gómez Valcárcel. A presidenta da Asociación de Perruqueiros xa coñece ben a entidade, pois xa desempeñou os cargos de secretaria e vicepresidenta. Agora convértese na primeira muller á fronte do colectivo, que conta con máis de tres décadas de historia.

“Síntome orgullosa de ser a primeira muller que vai representar o comercio ourensán”, manifestou a xa nova presidenta da entidade, que destacou “o papel fundamental e activo que levamos facendo todos estes últimos anos como mulleres e como empresarias”.

No seu discurso posterior asegurou que consolidarán as campañas con maior éxito e que desenvolverán novos proxectos basados nunha liña continuista coa anterior directiva. “A nosa intención é levar a cabo actividades por e para o comercio, que benefician de forma directa o noso sector, continuando coas accións que até agora foron exitosas e buscando novas ideas que nos promocionen”, valorou.

Gómez Valcárcel adicou unha mención especial tamén ás federacións comarcais de Ribadavia, Verín, O Barco e Castro Caldelas e comprometeuse a seguir loitando polos seus intereses. De igual xeito tivo verbas de recoñecemento para Aurelio Gómez Villar, o presidente saínte, a quen agradeceu o labor levado a cabo na entidade durante 25 anos.

Deste xeito, a nova directiva queda como segue:

Presidenta: Beatriz Gómez Valcárcel
Vicepresidente 1º: José Ramón García iglesias
Vicepresidente 2º: José Manuel García Mosquera
Vicepresidente 3º: Martín Sousa Rodríguez
Secretario: Enrique García Goente Alonso
Tesorero: Juan Carlos Fernández Pérez
Contador: Margarita Díaz Pérez

Texto: Sara Fontenla
Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button