CulturaCulturaÚltima hora

Feira do Libro o 23 e 24 de abril no Barco

Publicacións, encontros co autor e un espectáculo poético-musical en horario de mañá na praza Andrés de Prada
Publicacións de orixe valdeorresa.
Publicacións de orixe valdeorresa.

Para conmemorar o Día Internacional do Libro, a Biblioteca P. M. Florencio delgado Gurriarán do Barco de Valdeorras pon en marcha unha Feira do Libro para os días 23 e 24 de abril na Praza de Andrés de Prada en horario de 11 a 13 horas. Alí algunhas das librarías da vila poderán mostrar as súas novidades e curiosidades editoriais.

Xunto ás librarías e co fin de ampliar o proxecto, tamén asistirán ao acto asociacións e empresas editoriais da contorna como o Periódico O Sil ou o Instituto de Estudos Valdeorreses. Ademais, a Biblioteca contribuirá á feira colocando varios stands de homenaxe, un adicado a David D. Vázquez Álvarez, outro a Florencio Delgado Gurriarán e un terceiro a Lauro Olmo.

A Feira complementarase cunha actividade diaria, o sábado día 23 David D. Vázquez Álvarez asinará libros e charlará cos seus lectores. O Domingo, o espectáculo poético-musical AldaoLado, pechará a Feira da man de Lucía Aldao e María Lado.

Os cativos tamén terán o seu oco na actividade cun espazo lúdico para nenos e nenas e algunha que outra sorpresa.

Artigos relacionados

Back to top button