Concellos

A Festa da Vendima de Leiro ergue o telón coa conselleira de Medio Rural

Enxalzou os viños do Ribeiro en calidade de pregoeira e sinalou o protagonismo de viticultores e adegueiros
Ángeles Vázquez (no centro co cartel) foi a pregoeira da Festa da Vendima de Leiro deste ano.
Ángeles Vázquez (no centro co cartel) foi a pregoeira da Festa da Vendima de Leiro deste ano.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, enxalzou as bondades dos viños galegos en xeral e dos do Ribeiro en particular, que “coa súa grande complexidade de aromas representan o carácter das nosas xentes”. Agradeceu ademais o traballo realizado polos viticultores e adegueiros que son -dixo- “os artífices dos grandes éxitos que están acadando os nosos viños no paonrama nacional e no eido internacional”.

Vázquez foi a pregoiera da XXVII edición da Festa da Vendimia de Leiro. Alí estivo acompañada polo alcalde da localidade, Francisco Fernández, entre outras autoridades. A titular do departamento autonómico destacou a importancia económica, social e cultural deste tipo de celebracións e salientou o impacto positivo das mesmas no comercio e hostalería local, así como na actividade de produtores e adegueiros.

A programación desta festa inclúe diversos actos, entre os que se atopa un desfile de carrozas e charanga que remata no campo da feira, un mercado artesanal, un xantar popular e diferentes actividades infantís e musicais.

Artigos relacionados

Back to top button