CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima hora

“Fiando a Memoria” nunha ruta interxeracional arredor das vivencias no río Sil no Barco

Tres mulleres dos obradoiros de memoria convertíanse en guías da historia local arredor deste curso fluvial dun grupo de alumnos do CEIP Otero Pedrayo de Viloira

 

Na praza de Viloira (O Barco) iniciábase ás 12h. este 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, unha ruta arredor do Sil pero, sobre todo, arredor da memoria ligada a el a ambas beiras: tanto a de Viloira como a do Barco. A iniciativa forma parte das actividades dos catro Talleres “Fiando a Memoria” que dende o pasado outubro vén impartindo no Barco Outonía Coop. Tres das participantes deses obradoiros (Chochi, Mari e Loli) convertíanse en particulares guías para un grupo de estudantes do último ciclo do CEIP Otero Pedrayo, nesta singular viaxe pola vivencias persoais e colectivas arredor do Sil.

“Durante estes meses, a través dos grupos de estimulación cognitiva fomos vendo que había un eixo común que vinculaba ás persoas, que era o río Sil, e relacionadas con el, comezaron a aparecer relatos individuais, por exemplo, como e onde se lavaba, anécdotas sobre este labor ao que ao mellor non se lle daba valor e que tamén é importante visibilizar… Entón iniciamos unha investigación e comezaron a emerxer historias persoais que ata agora estaban baixo a auga, pero que xuntas configuran a arqueoloxía social e cultural destas poboación. E con esta iniciativa, a xeito de aprendizaxe e servizo, quixemos compartilas coas crianzas”, comenta Blanca, monitora dos talleres.

Neste percorrido, que pasaba tamén por zonas emblemáticas do casco antigo barquense como o Porto da Barca, e cunha parada na antiga fonte situada nunha baixada ao río na rúa San Roque, as guías contaban historias e botaban man dun mapa e de fotografías nas súas explicacións aos escolares. “Trátase de que haxa unha participación social a través das propias voces desas persoas aos nenos, esas experiencias forman parte desa cultura da auga”, engade Blanca.

Ademais a idea de organizar esta ruta no 5 de xuño, non foi casual. “Quixemos tamén aproveitar esta data para crear conciencia, nun momento de cambio climático e de emerxencia climática como o actual. Estas tres mulleres explicaban, por exemplo, como se lavaba antes, sen producir ningún tipo de resíduos e aproveitando os recursos que había, de forma natural. Hai que crear conciencia para poder coidar

Ademais o alumnado co CEIP Otero Pedrayo realizaban unha poesía e un debuxo que formará parte da exposición que os Obradoiros de Memoria inaugurarán o vindeiro 15 de xuño na Casa do Río Cigüeño, e que reunía o labor e a investigación conxunta realizada ao longo destes meses no Barco.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button