En portadaÚltima hora

Fin de semana intensa e con multitude de visitantes no Santuario das Ermitas (O Bolo)

Grupo de Foz que visitaba na pasada fin de semana o Santuario das Ermitas./ Foto cedida por este grupo de Foz.

 

Segue medrando o número de visitantes do Santuario das Ermitas (O Bolo). E, como mostra, as cifras rexistradas nesta pasada fin de semana. Soamente na xornada do sábado 2 de novembro rexistrábanse máis de 300 visitas, con grupos organizados procedentes de moitos puntos de España, segundo as cifras que manexa o Concello do Bolo.

Destacaban especialmente as 100 persoas de Foz, as 50 de Santander, 40 de Santiago, 35 de León, 25 de Vigo, 18 de Valencia e de Castellón ou as 20 de Madrid.

Calcúlase que en toda a fin de semana pasaba medio milleiro de visitantes polo santuario, o que supón que se roce xa a cifra de 20.000 visitas de maneira organizada no que vai de ano 2019. “Estímanse que entre as visitas organizadas máis as visitas particulares se acheguen ás 30.000 persoas neste ano”, segundo o Concello.

Todas estas persoas foron atendidas e contabilizadas polos guías turísticos Noemí Perez e José Vega.

Artigos relacionados

Back to top button