EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Folión de carros e pisado de uva tradicional na I Festa da Vendima de Monterrei

 

 

O próximo 22 de outubro celebrarase a I Festa da Vendima na Vila de Monterrei. Desde as 12:30h comezará a actividade cun folión de carros entre a Finca Experimental da Deputación de Ourense e o cruceiro de Monterrei. Á chegada dos carros coa uva procederase a un pisado tradicional. levará a cabo unha Foliada Aberta coa participación de Rancho Folclórico Sao Tiago de Mirandela (Portugal) e os grupos ourensáns de Castro Floxo, Gaiteiros de Flariz e Vos Trouleiros de Medeiros.

 

 

Haberá degustación, por 5€, de porco celta asado en vivo con viño da Denominación de Orixe Monterrei. Tamén está prevista unha Feira de Produtos Enogastronómicos, con produtores de mel, repostería, queixos, embutidos, agricultura ecolóxica, castañas, cervexa artesá. A fin de festa farase cun concerto do grupo ourensán Brañas Folk.

Artigos relacionados

Back to top button