CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Fuliada da Mourela p’acá en Raigada

Publicidade

Tras o permiso e a ronda do Fulión da Mourela p’acá polo pobo de Raigada (Manzaneda), principiaba a fuliada no Sábado de Entroido. O seu escenario situábase nunha carpa instalada ao pé do antigo colexio. Sobre el desenvolvíase unha serie de representacións en verso de marcado tono satírico, ás que lle ía dando paso unha presentadora.

Non faltaban as disputas, as parodias, entre elas unha sobre o programa televisivo Masterchef, e tampouco as pezas con personaxes tradicionais como afiadores e paragüeiros que provocaban as risas do numeroso público. O punto final poñíaselle cunha canción sobre Raigada, dedicada de xeito especial e moi emotivo a Leonides e a súa familia. Ao redor das tras da tarde, dábase paso ao xantar popular que terminaba cunha fariñada.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

Artigos relacionados

Back to top button