CulturaCulturaÚltima hora

Gargallada Teatro vén de recibir ata 6 premios en 2 festivais de teatro por “Un desastre de función”

A compañía valdeorresa participaba nos festivais Alegría/ Dulantzi (Álava) e no de Rivas Vaciamadrid

 

A comedia “Un desastre de función” séguelle dando alegría a Gargallada Teatro. A compañía valdeorresa acaba de regresar dos festivais Alegría/Dulantzi (Álava) e Rivas Vaciamadrid con diversos premios. Ambos certames contan co Selo de Calidade que otorga Escena Amateur (a Federación Española de Teatro Afeccionado).

Na gala do Festival Alegría Gargallada sumaba ata catro galardóns: o premio do xurado á mellor obra, o premio á mellor montaxe, ao mellor actor de reparto (Paco Campos) e mellor actriz de reparto (Reyes Limia).

Ademais en Rivas facíanse co premio do xurado á mellor obra e co premio do público á mellor montaxe. “Asemade desde Alegría vannos propoñer para o premio Juan Mayorga que concede Escena Anateur ao mellor grupo nacional. Estamos enormemente satisfeitos polo recoñecemento obtido polo noso traballo”, destacan dende Gargallada Teatro.

Fotos: Gargallada Teatro.

 

Artigos relacionados

Back to top button