ColaboraciónsCulturaCulturaOpiniónÚltima hora

Gernika e El Guernica

Artigo de Nicolás Xamardo González, profesor colaborador honorario da UPV / EHU

 

O pasado 26 de abril celebrouse o 83 aniversario do bombardeo de Gernika. É sabido que a pintura de Picasso, El Guernica, actualmente no museo Reina Sofía de Madrid, difundiu a masacre da Vila Foral en todo o mundo, bombardeada pola Legión Cóndor alemá e pola Aviación Lexionaria italiana, que loitaban a favor do bando fascista, sublevado contra a República.

Esta obra de arte, como todas as obras mestras, apoia a dialéctica entre o singular e o universal: El Guernica, ao mesmo tempo, faise universal desde Gernika e universaliza Gernika. A pintura, tras unha serie de vicisitudes, foi trasladada de Nova York a España en 1981, durante o mandato de Calvo Sotelo. Sabemos que os deputados do PNV, no Congreso dos Deputados de Madrid (maio de 1988), solicitaron expoñer a pintura de Picasso no País Vasco. O que non sabiamos é que, “grazas ao PNV”, a pintura auténtica non está na Vila Foral, senón en Madrid. Teñamos en conta, como nos di Jorge Oteiza nun artigo publicado no Correo Español en 1988, que Pablo Picasso enviou unha mensaxe ao presidente Agirre para solicitar a pintura por escrito, considerando que pertencía aos vascos. Por que esta solicitude nunca chegou a Picasso? Debido a que o “experto” en arte do Goberno vasco, o pintor Uzelay, asesor e director de Belas Artes, informa ao Goberno vasco de que El Guernica “es una mamarrachada, una tomadura de pelo”.

 

 

Estamos a falar do ano 1937. E aínda no ano 1962, Joseba Rezola, ex secretario de Defensa e axudante do lehendakari Agirre, manifestou a Oteiza e Basterretxea, convidados a colaborar nun número especial da revista Gernika, con motivo do 25 aniversario do bombardeo, que ” El Guernica no interesaba”.

Agardamos que algún día o PNV recoñeza o seu erro e pida perdón ao pobo vasco.

Texto: Nicolás Xamardo González. Profesor Colaborador honorario da UPV / EHU

Imaxes cedidas por Nicolás Xamardo González.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button