A RúaConcellosÚltima hora

Gonzalo Vitoria, profesor no Colexio Pablo VI da Rúa, é ordenado sacerdote nun emotivo acto na Catedral de Astorga

 

Tal e como estaba previsto, na tarde do domingo 29 de setembro Gonzalo Vitoria Bores era ordenado sacerdote nunha emotiva e concorrida cerimonia celebrada na Catedral de Astorga e presidida polo bispo Monseñor Jesús Fernández González.

 

 

Natural de Castro-Urdiales, en Cantabria, Vitoria Bores foi ordenado diácono o 15 de outubro de 2023 a súa última etapa de formación que cursou neste ano de diaconado, realizouna no Colexio Diocesano Pablo VI-Fátima da Rúa onde continuará como presbítero ao ser nomeado polo Bispo formador e profesor do devandito centro, así como en diferentes parroquias do Arciprestado de Galicia e da Unidade Pastoral Virxe das Ermitas.

 

 

O novo presbítero daba onte un gran paso “entregando a súa vida ao servizo da Igrexa Diocesana”, tal como indican dende o Seminario Maior, rodeado de amigos, familiares e compañeiros, entre eles parte da comunidade educativa do colexio no que imparte clases.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button