CulturaCulturaÚltima hora

Historias de mulleres bolboretas con Soledad Felloza o 6 de setembro, no Barco

Esta narradora oral achegará os seus contos sobre igualdade aos máis pequenos na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán

Soledad Felloza durante unha actuación./ Foto: A.R.

A Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco acollerá o vindeiro 6 de setembro ás 11:30h. unha sesión de contos da man da narradora oral Soledad Felloza. Ao longo de case unha hora compartirá cos máis pequenos historias de nenas e mulleres bolboretas que voan alto, tendo como punto de partida un baúl cheo de recordos.

 

Artigos relacionados

Back to top button