EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Hoxe arranca unha das vendimas máis temperás da historia de Valdeorras

As bodegas María Teresa López Fidalgo e Sampayolo foron as primeiras en recoller uva godello en Carballeda de Valdeorras e A Rúa

 

“Este domingo 20 de agosto será unha data para lembrar na historia de Valdeorras. Hoxe comezou unha das vendimas máis madrugadoras da historia da comarca e de Galicia”. Así o destacan dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorrsas, explicando que “as condicións climáticas deste 2023 fixeron que a recollida da uva se adiantase unha semana respecto á media dos útlimos anos”.

As adegas María Teresa López Fidalgo e Sampayolo están sendo as primeiras en comezar a vendimar uva godello en dúas fincas da súa propiedade. Na zona de O Cabalín en Viladequinta (Carballeda de Valdeorras) e na de O Rasedo en A Rúa, respectivamente.

“Calidade excepcional”

Despois de visitar as viñas nas que hoxe se estaba traballando, os técnicos do CRDO Valdeorras resaltan “a excepcional calidade que presentaban as uvas recollidas, que mostraban un grao de maduración perfecto para comezar a elaborar os primeiros godellos deste ano. Un óptimo estado de conservación que tamén observamos no resto de variedades que se cultivan en Valdeorras”.

Os propietarios das dúas adegas que hoxe iniciaron a vendima, coincidían ao sinalar que esperaban que este año se colleitase un volume maior de quilos que en 2022. Unha opinión coa que coincidían os técnicos da Denominación de Orixe.

 

 

Altas temperaturas

As elevadas temperaturas dos últimos meses na comarca van provocar que se adiante a data da vendima respecto a outros anos en toda Valdeorras. “Non estamos falando de feitos illados só nunhas poucas parcelas, xa que, a día de hoxe, xa confirmaron o inicio dos traballos de recolección para comezos da vindeira semana outras 7 adegas máis”, aseguran dende o consello regulador.

Pese ao temperán comezo dos traballos de recolección da uva valdeorresa, agárdase que esta campaña sexa longa e que non finalice ata principios de outubro. As grandes diferenzas de altitude entre unhas zonas e outras do territorio amparado, implican que os tempos de maduración sexan moi diferentes.

Artigos relacionados

Back to top button