EconomíaEconomíaÚltima hora

“Laboru”, obradoiro de emprego para 20 persoas dos concellos da Rúa, Larouco e O Bolo

Comezará a mediados de decembro centrado na xardinería e na silvicultura

 

Froito da unión dos concellos da Rúa, Larouco e O Bolo, nace o obradoiro de emprego “Laboru” para persoas en paro que se porá en marcha a mediados de decembro cunha duración de nove meses.

O obradoiro conta con 20 prazas para alumnos dos tres concellos e seis profesores. As actividades xirarán en torno á xardinería e a silvicultura e a sede estará na Rúa por ser o concello promotor cuxas tarefas se centrarán na xardinería. No caso de O Bolo e Larouco priorizarán as actividades de silvicultura.

A selección dos alumnos realizarase na Oficina de Emprego, no Barco de Valdeorras.

As bases poden consultarse na páxina web do Concello da Rúa

Artigos relacionados

Back to top button