
A Biblioteca do Concello de Verín organiza conxuntamente coa asociación Clásicas y Modernas a proposta “Literarias”, un espectáculo cunha importante carga pedagóxica, xa que presenta as diferentes formas de cada xénero literario e as súas posibilidades.
Esta iniciativa traerá a Verín a algunhas das máis activas representantes de cada unha das vertentes literarias e escénicas do panorama galego: Isabel Blanco (narradora e poeta), Mariana Carballal (actriz, directora e docente) e Silvia Penas (poeta e performer).
O obxectivo é “concienciar da importancia da igualdade de xénero, reivindicando a presenza das mulleres na cultura e no discurso público e familiarizar ao público coas diferentes manifestacións literarias”, tal e como indican dende a organización.
A actividade, que estará pechada ao público presencial por motivos de seguridade, pero poderá ser seguida vía streaming a través da canle de Youtube da Biblioteca do Concello de Verín o vindeiro 25 de setembro a partir das 19:30h.