ConcellosO BarcoÚltima hora

Magín Blanco presenta no Barco “A Nena e o Grilo máis aló” o venres

Un dos momentos deste espectáculo de teatro e música./ Foto: Urdime Propostas Culturais.

 

Teatro e música xúnguense nunha nova iniciativa dirixida ao público infantil que vén da man do artista rues Magín Blanco: “A nena e o grilo máis aló”. Dela poderá desfrutarse o vindeiro venres 23 de abril ás 20h. no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Trátase dun espectáculo de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos, a última e máis recente entrega do musical infantil “A nena e o grilo”, na que estes personaxes corren novas aventuras. “A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña, buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos, onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. A Nena e grilo mais aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas…”, explican os seus promotores.

Con música orixinal de Magín Blanco e dirección de Pepablo Patinho, está singular obra de teatro familiar poderá verse o vindeiro venres no Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button