EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Máis de 30 adegas e establecementos das 5 Rutas do Viño galegas, nun workshop virtual

Esta acción profesional levarase a cabo o 29 de xuño entre as 9h. e as 12h.

Foto: Carlos G. Hervella.

 

A marca Enoturismo Galicia, que agrupa a establecementos e adegas das cinco Rutas do Viño galegas (Valdeorras, Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra e Rías Baixas), será a protagonista dun workshop en liña, que se celebrará cun novo formato.

O martes 29 de xuño, entre as 09.00 e as 14.00 horas levarase a cabo esta acción profesional na que se poderá coñecer a oferta de máis de 30 empresas da Ruta do Viño Rías Baixas, Ruta do Viño Ribeiro, Ruta do Viño da Ribeira Sacra, Ruta do Viño Monterrei e da Ruta do Viño Valdeorras.

“Entre os obxectivos desta actividade están promocionar Galicia como destino enoturístico e servir como punto de encontro para o sector, as súas empresas e profesionais. O Clúster Turismo de Galicia organiza este evento, co apoio da Xunta de Galicia – Axencia de Turismo de Galicia. Entre os profesionais que están convocados á cita están axencias de viaxe; empresas organizadoras de congresos e eventos; e, en xeral, profesionais dos sectores DMC e MICE, ademais da prensa especializada”, tal e como indican os promotores.

O encontro en liña realizarase a través da ferramenta “Fevir Galicia”, que permite a celebración de feiras e eventos nunha contorna de realidade virtual. Fevir Galicia é unha ferramenta que ofrece unha experiencia inmersiva, na que os visitantes poden moverse libremente por un espazo personalizado e interactuar con outros usuarios. Pódese acceder desde un computador ou desde calquera dispositivo móbil. Conta con espazos de reunión, zona de exposicións con stands e un auditorio para conferencias ou presentacións.

Os usuarios poden organizar reunións ou presentacións de produtos e servizos, mesmo mediante videoconferencia, sen saír da ferramenta. Estas características convértena nunha aplicación única en España.

Artigos relacionados

Back to top button