ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Máis de 300 persoas na 7ª Andaina Popular para celebrar o San Xoán no Barco

 

Camiñando ou correndo por dous circuítos sinalizados de diferente distancia. Deste xeito nenos e maiores celebraban no Barco o San Xoán na tardiña deste 23 de xuño. Dende a praza Otero Pedrayo de Viloira partía a 7ª Andaina e Festa Popular de San Xoán, promovida polo Concello. Máis de 300 persoas (entre nenos e adultos) sumábanse a esta proposta lúdica e deportiva.

Desta volta o percorrido era lixeiramente diferente ao de anteriores edicións, tras saíra da praza de Viloira e cruzar a pasarela ata a zona vella do Barco, continuaba polo Malecón para chegar ao río Mariñán, cruzábaes pola ponte de madeira e continuábase ata a Praia do Ouro, unha vez alí, un membro da organización facilitaba un número a cada participante, co que entraba no sorteo dun xamón.

 

 

Logo está previsto dar a volta para regresar ao punto de saída. Unha vez en Viloira, na praza, a partir das 22:30h. unha vez rematadas as probas, incluían festa ao ritmo dos Festicultores e Pancetada Popular para os participantes. Tampouco faltaban os premios para os participantes, tanto a nivel individual como para grupos.

Fotos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button