EconomíaEconomíaÚltima hora

Máis de mil euros en premios na nova campaña do Barco CCA, “Atrápao!”

Os participantes tentarán atrapar agasallos dentro dunha bóla inchable xigante na praza do Concello

 

“Atrápao!” é o nome da campaña de dinamización que organiza a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco e na que se repartirán máis de 1.000 euros en premios. O CCA instalará na Praza do Concello, o venres 25 de marzo, en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas, unha bóla xigante inchable na que os participantes accederán ao seu interior para tentar atrapar os premios que voan dentro dela.

Estes premios consisten en vales de compra para investir no comercio de proximidade asociado ou en packs de agasallos e algún produto de maior valor, que se irán desvelando ao longo da semana a través das redes sociais.

A participación na campaña está aberta a todos os/ as veciños/ as sen necesidade de presentar ticket de compra ou consumición.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button