ConcellosO BarcoÚltima hora

Malestar veciñal no Barco polas consecuencias dalgúns charcos en céntricas rúas da vila

 

As intensas chuvias rexistradas nas últimas horas formaban grandes charcos en diferentes puntos da vila do Barco. Ao pasar os vehículos por eles, numerosos peóns que transitaban polas beirarrúas víanse afectados esta mañá con molladuras de consideración, o que provocada malestar veciñal.

As queixas centrábanse, especialmente, nalgúns puntos da avenida Manuel Quiroga, preto da confluencia coa ponte sobre o ferrocarril, e tamén en Doutor Pérez Lista. Así mesmo os veciños sinalan que estas situacións repítense cada vez que se producen chuvias fortes na vila.

Artigos relacionados

Back to top button