A RúaConcellosÚltima hora

María G. Albert será alcaldesa da Rúa tras un acordo entre o BNG, o PSdeG-PSOE e o RUA

Anunciábano a traves dun comunicado conxunto estas tres forzas políticas

A cabeza de lista, María G. Albert.

 

Segundo un comunicado conxunto emitido polo BNG, polo PSdeG-PSOE e polo R.U.A, estes tres grupos políticos veñen de chegar a un acordo para a investidura de novo rexedor no Concello da Rúa. Chega apenas 24 horas antes da sesión constitutiva da nova Corporación ruesa, prevista para mañá sábado ás 12h.

“María González Albert volverá ser alcaldesa da Rúa a partir deste sábado despois dun acordo para garantir a gobernabilidade e a estabilidade do Concello da Rúa para os próximos catro anos. Desde as pasadas eleccións municipais do 28 de maio, e a tenor dos resultados saídos das urnas, desde as tres forzas políticas comezouse cun período de negociacións que sempre estivo guiado polo obxectivo común de garantir que o Concello da Rúa se guíe por consensos e diálogo entre todas as forzas políticas”, sinalan as tres formacións políticas no comunicado.

Ese período, conclúen, “vén de rematar coa que, estamos seguros, é a mellor opción para A Rúa. Un acordo de investidura sen apriorismos realizado desde a xenerosidade e acordo de todos os grupos”.

Artigos relacionados

Back to top button