Continúan as accións promocionais da Denominación de Orixe Monterrei polas cidades españolas. A seguinte cita será en Galicia, en concreto en Santiago de Compostela. Así o vindeiro martes 8 de outubro a Bodeguilla de San Lázaro acollerá unha materclass e un Túnel de Vino desta D.O.
A masterclass será de 19:30 a 20:30 h. e nela presentaranse a historia e a tradición vitivinícola deste territorio, as características de solo e clima, tipoloxías de viño ou as súas variedades de uva. Por outra banda, o Túnel del Vino terá lugar entre as 20:30 e as 22:30 horas, e permitirá aos asistentes degustar os brancos e tintos que se elaboran na denominación, da man das adegas que formarán parte desta iniciativa: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Terras do Cigarrón, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández),Trasdovento,José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Pazo de Valdeconde, Quinta do Buble, Concepción Paradela Martínez (Abeledos), Castro de Lobarzán, Pazo das Tapias e Triay Adegas de Oímbra.
Esta acción promocional está destinada a profesionais da restauración e hostelería, sumilleres, profesores e alumnos de esolas de hostalaría e medios de comunicación. Forma parte do ciclo de iniciativas promovidas pola D.O. Monterrei para este 2019, e que xa levou os viños a cidades como Madrid, Ourense, A Coruña, Fisterra, San Sebastián, Bilbao, Ciudad Real ou Castellón.
Para participar neste Túnel de Viño será necesario confirmar asistencia no teléfono 981-566607 ou correo electrónico bodeguilladesanlazaro@gmail.com.