Tras a saída da misa de imposición de cinsas no Seminário, comezaba en Vinhais (Portugal) na tarde do 9 de marzo unha espectacular procesión presidida pola figura unha xigantesca Morte e coa presenza dun milleiro de Diabos. Ademais encabezaba o cortexo o ritmo dos Gaiteiros de Zido e Ousilhão.

O ceremonial comezaba cando o “xefe dos Diabos” facía soar o seu corno dende a cima dun antigo carro. Pouco despois varios destes enmascarados (vestidos completamente de vermello) subían ata un dos balcóns da vila, axudados dunha escaleira, para capturar ás mozas que estaban nel. De nada valía os caldeiros de auga e cinsa que lles botaban, nin os berros nin a súa resistencia, finalmente eran capturas e levadas a un carro co que se iniciaba unha procesión pola vila.
Este traxecto estaba intercalado por varias paradas nas que se realizaban unha serie de representacións: a alegoría dos sete pecados capitais, a alegoría ceo-invero, os cantos de narración de anxos, a aparición do Diabo de Cidões… Finalmente, as mozas capturadas eran presentadas ante a Morte, que lles obrigaba a bicar a súa gadaña.
A partir de aí comezaba a parte final desta representación cun espectáculo de lume e coa queima da figura xigante da Morte no centro histórico. Despois producíase a relevación do rostro da Morte, así como o “quadro de despedida até o próximo ano”.
Fotos: Carlos G. Hervella.
