DeportesÚltima hora

Mónica Yáñez conquista o segundo ouro valdeorrés en xavelina no Europeo Máster

A atleta Mónica Yáñez, durante unha proba de atletismo./ Foto: Mónica G. Bellver.

A colleita de medallas valdeorresas no Campionato Europeo Máster de atletismo, celebrado en Madrid, completábase o 24 de marzo co ouro que conquistaba Mónica Yáñez Pérez (Adas Proinor). Facíase con el na proba de xavelina M40 ao conseguir un lanzamento de 36.94 m, superando cunha notable vantaxe á segunda clasificada, a finlandesa Maarit Lindberg, cunha marca de 33.45 m.

 

Artigos relacionados

Back to top button