ConcellosRubiáÚltima hora

Mostra de xoguetes dos anos 70 e 80, neste Nadal na Casa da Cultura de Rubiá

A apertura da exposición será este domingo 17 de decembro ás 17h. e poderá visitarse ata o 31 de xaneiro

Chega o tempo de Nadal e este ano o Concello de Rubiá colabora na organización dunha exposición de xoguetes das décadas dos anos 70 e 80 a través da cal descubrir a maxia da nostalxia.

 

 

Trátase dunha ampla colección privada de José Ramón Moral, oriundo de Rubiá que poderá verse na Casa da Cultura durante estas festass e ata o 31 de xaneiro de 2024.

A inauguración da mostra “Tesouros do pasado” será este domingo 17 de decembro ás 17 horas.

Artigos relacionados

Back to top button