ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Noite de Samaín e magosto na Rebusca (Manzaneda)

Con diversas e “terroríficas” actividades, dirixidas de forma especial aos cativos, celebraba a Asociación Cultural A Rebusca de Manzaneda a tarde e a noite de Samaín o 31 de outubro.

A partires das seis estaba previsto o inicio dunha xincana terrorífica pola vila, con diversas probas de enxeño e tamén arrepiantes, que se completaba no local desta asociación cun magosto coa participación de nenos e adultos.

Despois entrada a noite mantíñase a tradición da “castronada”, propia das terras de Manzaneda.

Esta actividade foi organizada pola A.C. A Rebusca, por Amarelante Sociedade Cooperativa Galega e pola Casa Niño O Bicarelo.

Fotos: A Rebusca.

Artigos relacionados

Back to top button