Tras o ouro colleitado na xornada de onte en K-1 máster (40-44 anos) no mundial de maratón de Romanía, o padexeiro valdeorrés Jesús Rodríguez León volvía tomar a saída neste martes na modalidade de K-2 máster (tamén 40-44 anos), desta volta compartindo barco con Santiago Cruz do Firrete.
Unha proba na que o piragüista do Fluvial Barco conquistaba o seu segundo ouro neste campionato do mundo. O seu K-2 completaba a proba nun tempo de 1:22:27.81, impoñéndose ao barco dos arxentinos Rodrigo e Mauricio Caffa (1:22:34.36). O bronce correspondíalle ao barco italiano de Andrea Cattaneo e Alessando Tiozzo. Os españois Alberto Lumbreras e Jorge Cito quedábanse ás portas do podio, ao lograr un cuarto posto.
Fotos: Fegapi.