CulturaCulturaÚltima hora

O artista barquense Iván Prieto expón na Coruña

A mostra “Ícarus” inaugúrase este xoves 13 de outubro na Sala de Exposicións do Pazo Municipal
Iván Prieto, xunto a algunhas das súas obras.
Iván Prieto, xunto a algunhas das súas obras.

A Sala de Exposicións do Pazo Municipal da Coruña acollerá durante os próximos meses unha exposición do artista barquense Iván Prieto. Trátase da súa colección “Icarus”, un proxecto moi grande e interesante centrado no mito de Ícaro, con varias instalacións e tamén pezas de pequeno formato, que “dalgún xeito resumen os meus dous últimos anos en Berlín, recollendo o traballo que estiven facendo”, explica o propio artista afincado na capital alemana. A mostra é unha especie de autorretrato, resultado da experiencia de vivir no estranxeiro e de como se afrontan os retos e a realidade alí. “É un pouco a representación da caída de Ícaro porque sempre se teñen moitas expectativas pero a realidade é dura”, asegura.

Natural do Barco de Valdeorras, Iván Prieto ten nas súas mans o poder de crear un mundo de personaxes entre a realidade e a caricatura, entre a mitoloxía e o mundano, entre a cor e a palidez. Personaxes que senten, padecen e transmiten sensacións tan reais, que absorven unha parte do propio autor.

A inauguración da exposición será este xoves 13 de outubro ás 20 horas.

 

Dúas das esculturas que forman parte da colección "Ícarus".
Dúas das esculturas que forman parte da colección “Ícarus”.

Artigos relacionados

Back to top button