ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco amosa cunha nova concentración o seu apoio a Palestina

 

A praza do Concello do Barco acollía esta tarde unha nova concentración de apoio ao pobo Palestino, un acto que se repetía noutra vintena de municipios galegos á mesma hora, baixo o lema “Paremos o xenocidio, Galiza con Palestina”. No acto Pilar Alonso procedía a dar lectura a un manifesto no que se comezaba sinalando que Van 9 semanas desde oinicio do masacre en Gaza perpetrado por Israel. 9 semanas asistindo con terror ao incremento de vítimas mortais, que ultrapasan xa as 18.000, entre as cales case 8.000 crianzas. Un reconto semanal que non nos debe desensibilizar do que supón a perda de tal cantidade de vidas humanas”. Ademais incidíase en que non se trata dunha “guerra entre iguais como nos pretenden facer ver”.

O manifesto pedía manter a presión nas rúas e, ademais nese senso, anunciábase a convocatoria dunha manifestación en Santiago de Compostela.  “Desde as organizacións convocantes destas mobilizacións cremos firmemente que a presión na rúa debe continuar e anunciamos a convocatoria dunha grande manifestación nacional o próximo domingo17 ás 12h desde a Alameda de Santiago de Compostela”, dicían, facendo ademais un chamamento a participar nela. A concentración concluía entre aplausos e berros como “Palestina vencerá”.

Artigos relacionados

Back to top button