ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco despide a Abel Rodríguez, colocador de lousa xubilado

 

Neste luns 24 de abril falecía aos 65 anos o valdeorrés Luis Abel Rodríguez Valcarce. Natural do Castro (O Barco), era un apaixoado da música e na súa mocidade foi pinchadiscos en grandes e famosas discotecas españolas, entre elas as de Ibiza.

Despois traballou como colocador de lousa ata a súa xubilación hai uns anos. Era unha persoa moi coñecida en Valdeorras e tamén querida, pola súa xenerosidade, simpatía e bondade.

A súa familia, amigos e veciños daranlle o seu último adeus o 25 de abril, nun funeral previsto ás 12:30h. na igrexa parroquial do Castro. A continuación será o sepelio no cemiterio desa mesma localidade. A súa capela ardente está no Tanatorio Santa Rita e polo seu expreso desexo “pídese que non se lle envíen flores, pero si doar o seu importe á Asociación Española Contra o Cancro”.

 

Artigos relacionados

Back to top button