En portadaÚltima hora

O Barco despide a Antonio Hervella

 

A igrexa barquense de Santa Rita acollía a partir das 17h. deste xoves 2 de xaneiro o funeral de Antonio Hervella Martínez, quen fora concelleiro e tamén alcalde do Barco (entre os anos 1983 e 1987 por Alianza Popular), ademais do primeiro presidente da Mancomunidade de Valdeorras e de senador polo PP (1993-1996).

Familiares, amigos, compañeiros e moitos veciños despedíanse deste barquense moi coñecido e aprezado na vila. Entre os asistentes estaban o alcalde do Barco, Alfredo García; o deputado autonómico Moisés Blanco, a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez; o ex conselleiro e ex presidente do Parlamento galego Tomás Pérez Vidal; o ex delegado da Xunta na provincia Rogelio Martínez, ademais de antigos concelleiros barquenses como é o caso de Luis Arias; representantes do sector empresarial barquense e tamén rues, membros da Confraría e San Francisco Blanco á que pertencía, etc. Nesta cerimonia botouse en falta unha maior presenza de alcaldes valdeorreses.

Posteriormente, este barquense era soterrado no cemiterio municipal do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button