ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco despide a José Varela, garda civil xubilado

José Varela.

 

Natural de Sabucedo, no concello ourensán de Porqueira, José Varela Losada, chegaba a Valdeorras en 1970 para exercer a súa profesión como garda civil. E xa nunca abandonaría a comarca, na que se asentou xunto coa súa familia, a súa dona María Gómez “Maruja” e os seus sete fillos: Ángeles, Francisco, Isabel, Rosa, José, Emilio e Teresa.

O seu primeiro destino na comarca foi Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), pero tamén estivo como garda civil no Barco. José Varela era unha persoa moi coñecida, querida e apreciada na comarca, onde se xubilaba en 1985. Falecía no Barco, onde fixaba a súa residencia, o 15 de agosto aos 92 anos. A súa familia, amigos e veciños dábanse o seu último adeus neste 16 de agosto. A súa capela ardente estaba instalada ata as cinco desta tarde no Tanatorio Santa Rita do Barco. Despois o seu féretro era trasladado á súa localidade natural, Sabucedo, onde será enterrado esta mesma tarde ás sete e media da tarde.

Artigos relacionados

Back to top button