ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco mantense nos 27 casos activos de Covid, os mesmos que onte

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Estabilidade nas cifras de casos activos de Covid no Barco. Así, segundo os últimos datos comunicados neste xoves 10 de decembro polo Sergas ao Concello, o municipio continúa con 27 positivos, os mesmos de onte. Na xornada do mércores producíase un incremento de 7 casos, debido a un brote familiar que nun principio parece estar controlado, se ben continúa o rastrexo de posible novos positivos.

Así mesmo, en canto ao número de novos casos diagnosticados no concello nos últimos 14 días, o Barco ten 21 (1 menos que o reflexado onte), cunha incidencia acumulada para o concello: >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade. Neste municipio mantese, como no resto da provincia de Ourense (agás Xinzo de Limia e Ribadavia, con restricións medio-altas) as restricións básicas.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button