CulturaCulturaÚltima hora

O Barco pedirá unha nova fase do BIC do Castro nas subvencións do 2% cultural

Detalle da Torre do Castro, no municipio do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello do Barco solicitará ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana a inclusión do proxecto de Rehabilitación do entorno do BIC do Castro, Fase 3, na liña de axudas do 2% Cultural convocadas o pasado mes de xullo para financiar traballos de conservación ou enriquecemento de bens inmobles do Patrimonio Histórico Español.

O orzamento desta fase é de algo máis de 883.000 euros. O Concello tamén proporá á Deputación Provincial a incorporación do proxecto de servizos desta terceira fase, cun orzamento de 290.000 euros, nos orzamentos da Deputación do próximo ano.

A terceira fase da actuación pretende a integración de todos os traballos xa acometidos, polo que se actuará tanto nos espazos inmediatos á Torre da Homenaxe, traballando directamente sobre os restos da muralla primitiva que quedaron fóra das primeiras fases de rehabilitación, como prolongando a recuperación dos espazos ata as pezas do conxunto edificado máis periféricas.

A intervención plantexada agora vai desde traballos de restauración e urbanización, ata o acondicionamiento do terreo natural nas zonas máis periféricas, segundo o Concello do Barco. O proxecto inclúe completar o conxunto de actuacións na denominada “améndoa medieval” (zonas interiores do perímetro da muralla) recuperando os viales para mellorar o tránsito e o acceso.

“Rehabilitarase o paseo do Castro, entre o Pazo do Castro e a igrexa, así como as conexións coas rúas que levan á torre. O pavimento resolverase con manta de empedrado de granito, conectando así todos os espazos público, ademais doutros materiais acordes coa zona. Ademais de mellorar os espazos públicos e recuperalos para os veciños, tamén se realizarán estudos arqueolóxicos e histórico -arquitectónicos nas zonas de actuación que o precisen, especialmente nos restos da primitiva muralla. Espérase atopar restos romanos e castrexos de relevancia, ao igual que pasou na primeira fase dos traballos xa executados. O proxecto inclúe tamén mobiliario, iluminación e a adecuación da urbanización dos espazos a elementos de espacial interese: BIC, Pazo do Castro, Casa Carballo,
adegas de pedra, igrexa, etc”, segundo o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button