No marco da celebración da XII Festa da Vitela o 20 de abril, O Bolo retrocedía varios séculos no tempo e vestía a torre homenaxe da súa antiga fortaleza de estandartes, mentres soaba a música tradicional e había demostracións de cetrería. A partires das seis da tarde comezaba o III Festival e Feira Medieval no Castelo que contaba cunha notable asistencia de público.
Este acto, presentado por Montse Estévez, incluía exhibicións de cetrería e as actuacións do gaiteiro Javier Franco, da Banda de Gaitas Agarimo de Catabois (Ferrol), Raparigos do Ferrol, Grupo de Zanfonas da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, Cantareiras da Seitura de Lentellais, Lucía Pérez e Xavier Vizcaíno, Cantareiras da Real Banda e Real Xuvenil e Banda de Gaitas do Concello do Bolo.
Fotos cedidas.