DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O campus de tecnificación de fútbol “Vila do Barco” levará aos cativos ao Santiago Bernabeu

O 7º campamento de verán do C.D. Barco celebrarase do 25 ao 30 de xuño

Combinar a práctiva ténico-táctica deportiva coa educación extradeportiva para conseguir os obxectivos de convivencia e cooperación entre os participantes, desenvolvendo a aprendizaxe mediante o adestramento global. É a base na que se centra o Campus de verán de tecnificación de fútbol “Vila do Barco” que celebrará a 7ª edición entre o 25 e o 30 de xuño.

Coordinado por Iván Guntiñas e Rubén García e dirixido a nenos de 5 a 16 anos, o campus desenvolverase principalmente nas instalacións do Campiño de Viloira en réxime interno (de 9:45 a 19:30h. incluíndo o xantar), a opción máis demandada; e externo (de 9:45 a 13:15 e de 17:30 a 19:30h.).

Ademais do apartado estrictamente futbolístico, o programa inclúe outro tipo de actividades deportivas en colaboración con outros clubs la vila; visitas e charlas de profesionais (adestradores, xogadores, psicólogos deportivos,…) entre os que destaca este ano a da árbitro Zulema González; e moito ocio con tardes na piscina e no río e a viaxe a Madrid para visitar o estadio do Real Madrid, o Santiago Bernabeu e o seu museo, así como o parque de atraccións Warner Bros.

Unha semana antes de que dé comezo o campus, o mesmo Campiño de Viloira acollerá, tamén da man do C.D. Barco, o XI torneo de fútbol 7 “Valdeorras Cup” no que participarán máis de 30 equipos de categorías base (dende pre benxamín ata xuvenil) de diferentes partes de Galicia e da provincia de León.

A presentación do campamento e do torneo tiña lugar na tarde deo 24 de maio nas oficinas do C.D. Barco, en Calabagueiros, contando coa presenza do presidente do club, Daniel Ramos, dos coordinadores do campus, Iván Guntiñas e Rubén García, e do concelleiro de Deportes do Barco Aurentino Alonso.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button