
Dous meses despois da morte violenta da moza paraguaia Leticia Magali Sanabria no Barco, este caso parece próximo á súa resolución. Así o confirmaba o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, nunha visita a Manzaneda xunto ao delegado do Goberno, José Miñones.
“Esperamos que en breve poida dar resultados positivos e resolver definitivamente esta situación. É certo que neste tipo de cuestións hai que deixar traballar moito ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado porque é unha cuestión moi delicada. Pero creo que nun futuro moi breve se conseguirá, case con seguridade, resolver definitivamente a situación”, sinalaba Emilio González.