CulturaCultura

O Cineclube Padre Feijóo proxecta un documental sobre o Entroido ribeirao no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Portada do documental.

Mañá, sábado 18 de marzo, o Cineclube Padre Feijóo presenta unha sesión de cine documental no Museo Etnolóxico de Ribadavia. O director chantadino David Vázquez ( que tamén dirixira o documental Asolagados, sobre a construción do embalse de Belesar) continúa na ribeira do Miño, pero desta volta para investigar sobre a supervivencia do Entroido da parroquia ribeirá de Santiago de Arriba.

O título da peza é : “O Moredo, a resistencia do entroido ribeirao”

En colaboración co Cine Clube Padre Feijóo e a Federación Galega de Cineclubes, a proxección ás 20:3o horas e a entrada é de balde até completar aforo. O director tamén fará unha presentación previa á proxección.

Artigos relacionados

Back to top button