ConcellosParada de SilÚltima hora

O Concello de Parada de Sil logra un becario do programa “Campus Rural”

Entre outras actuacións, estará o o control e supervisión das pragas nos castiñeiros nos soutos de Merilán, Castro, Entrambosríos e Os Ougueiros

Jonathan Steven Castaño vén de incorporarse como becario ao Concello de Parada de Sil.

 

Parada de Sil é un dos concellos que forman parte do programa “Campus Rural”, unha iniciativa desenvolvida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Universidades e a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), que permite aos universitarios de calquera titulación oficial realizar prácticas formativas en contornas rurais.

O programa aposta polas potencialidades do territorio, a promoción do emprego novo e o impulso do talento local, fomentando a vinculación da poboación de diferentes zonas cos espazos rurais, xerando novas formas de arraigamento e vínculo, que impulsen a actividade e cren oportunidades de emprego no territorio, seundo manifesta o aldalde Aquilino Domínguez.

Dirixido a estudantes de Grao ou Máster das universidades públicas ten unha duración entre o 1 de xullo e o 15 de setembro. O Concello de Parada de Sil solicitou formar parte do program ae foi seleccionadao para o mesmo. Os estudantes reciben unha bolsa de 1.000 euros brutos mensuais sendo por conta do concello o aloxamento.

Desta forma os estudantes terán a oportunidade de coñecer outros lugares da xeografía española, e de contribuír a xerar oportunidades nas áreas rurais achegando talento. Os Campus de Santiago e Campus de Lugo seleccionaron a 3 alumnos de toda Galicia para estas prácticas e un deles solicitou e foi asinado ao Concello de Parada de Sil.

O estudanque que fai as prácticas en Parada de Sil é Jonathan Steven Castaño Senra de 26 anos é de Vilagarcía de Arousa. Cursou estudos de Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, con intención de realizar o vindeiro ano que ven o master de Biodiversidade e Conservación. O duración das prácticas en parada de Sil será dende o 1 xullo ao 15 setembro 2022.

As súas prácticas non Concello de Parada de Sil consistirán en duas actuacións diferenciadas pero coa mesma finalidade, sempre co obxectivo de analizar a realidade e mellorala, tal e como adiantan dende esta administración local.

A primeira consite no control e supervisión das pragas nos castiñeiros nos soutos de Merilán, Castro, Entrambosríos e Os Ougueiros. Avaliando a incidencia do “chancro”(Cryphonectria parasítica) e da “Avespiña do castiñeiro” (Dryocosmus kuriphilus) ademáis doutras anomalías dos castiñeiros. Isto enmércase na colaborarión entre o Concello e a Asociación de propieatrios de Soutos Canón do Sil para pór en valor e mellorar as masas forestais de castiñeiros. Tamén estudara a posibilidade de solicitar a declaración doutras masas forestais en outras partes do concello.

Por outra banda, controlará e supervisará a poboación de anfibios e invertebrados en varios cursos de auga, sobor de todo en Entrambosríos e Rabacallos. Avaliará a calidade das augas e a presenza ou non de saramagantas, tritóns, píntegas e ras…estudando se a súa non presenza se debe á calidade das augas, ao cambio climático ou a presenza de especies invasoras.

Artigos relacionados

Back to top button