ConcellosÚltima horaVerín

O Concello de Verín presenta o programa oficial das festas do Lázaro 2022

Recupérase o concepto tradicional da festa patronal ofrecendo un amplo abano de propostas enfocadas a todos os públicos

Presentación do programa do Lázaro 2022 en Verín./ Foto: Concello de Verín.

 

Esta mañá o Concello de Verín vén de presentar o programa oficial de actividades para o Lázaro 2022, que terá lugar os días 1, 2 e 3 de abril. Este ano, o ente municipal retoma a súa tradicional festa patronal ofrecendo un amplo abano de propostas enfocadas a todos os públicos.

Feira de Artesanía e alimentación, actuacións musicais, un paseo en bicicleta, natación, actividades de ocio para todas as idades, unha mostra de vehículos novos e de ocasión, menús especiais lázaro e os tradicionais actos relixiosos conforman a oferta preparada polo Concello de Verín para o próximo fin de semana.

A programación oficial foi presentada esta mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura por Manuel Lorenzo, concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería e Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos.

“O Concello de Verín recupera o seu concepto de Lázaro Multicartel ofrecendo a veciños e visitantes unha completa fin de semana con máis dunha vintena de actividades, distribuídas por toda a vila, para todos os segmentos de público e todas as idades”, salientou Manuel Lorenzo.

Eventos deportivos e feira de mostras

Este ano, no eido dos deportes, celebraranse o sábado 2 de abril os seguintes eventos: as 10:30 horas, o Torneo das Escolas Deportivas de Natación na Piscina Climatizada de Verín coa (participan: Club Natación Verín, Piscina Climatizada de Allariz, Piscina Climatizada de Xinzo, Flavitus Nataçao Clube, Nataçao C. Chaves) e o partido de veteranos de fútbol entre o A.D. Veteranos Verín e o G.D. Chaves, no Complexo Deportivo de A Granxa, ás 17:00 horas. Tamén haberá un paseo en bicicleta pola ecovía do río Támega con saída desde a Alameda, ás 16:30 horas.

Por outra banda, durante os días 2 e 3 de abril – en horario de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h- haberá una completa feira de mostras de artesanía e alimentación, ubicada no Pavillón Municipal de Deportes de Verín e repleta de actividades variadas como obradoiros, cata e maridaxe de viños, sorteos, ambientación musical ou catas de produtos de alimentación.

Artigos relacionados

Back to top button