ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco acorda suspender o servizo da O.R.A. dende mañá 19 de marzo

A Alcaldía vén de emitir unha Resolución

Unha rúa do Barco controlada pola O.R.A./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco de Valdeorras vén de publicar unha Resolución pola que se acorda “suspender a aplicación do Regulamento do servizo da O.R.A. dende mañá xoves 19 de marzo ás 0:00 horas e ata o fin da aplicación do estado de alarma”.

Segundo se reflicte na Resolución, “é deber desta Administración adoptar as medidas necesarias para protexer a saúde e seguridade dos seus empregados públicos e axudar a conter a progresión da enfermidade”. É por iso que está obrigada a “adoptar as medidas temporais de carácter extraordinario que xa se adoptaron outras Administracións Públicas para previr e conter o virus e mitigar o impacto sanitario, social e económico”.

Segundo o documento asinado polo alcalde, Alfredo García, “non parece un servizo esencial o servizo de ordenación e aparcamento de vehículos”, xa que a restricción da liberdade de movemento “supón practicamente a imposibilidade de prestar o servizo por parte da empresa que o vén prestando ata o día de hoxe e a presenza dos seus traballadores na vía pública aumenta o risco de contaxios”. Así pois a Alcaldía publicaba a Resolución pola que se acorda o cese do servizo.

 

Artigos relacionados

Back to top button