CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Coro Santa Rita do Barco volverá participar na “Muestra de la canción berciana”

Este certame está programado para o 7 de setembro a partir das 20h. na praza do Concello de Ponferrada

Membros do Coro Santa Rita./ Foto cedida.

 

Entre as nove agrupacións musicais que participarán na vindeira edición da “Muestra de la canción berciana” estará o Coro Santa Rita do Barco. Este certame celebrarase o vindeiro 7 de setembro ás 20h. na praza do Concello de Ponferrada. Ademais o Coro de Santa Rita, que xa ten participado en edicións anteriores deste evento, será o único de fóra da comarca do Bierzo participante na cita. Na súa actuación interpretará dúas cancións bercianas: “Mi querida Ponferrada” e “Brindo por tu amistad”. “Queremos amosar o noso agradecemento ao Concello de Ponferrada por contar novamente con nós para esta mostra, estamos encantados de poder actuar alí”, explican dende o coro valdeorrés.

Nesta mostra tamén participarán Voces de Montes Aquilianos, Coral Siloa, o grupo Los Exquisitos, a Ronda El Salvador de Toral de Merayo, a Coral Virgen del Carmen, a Rondalla Musical Amigos, a Solera Berciana e a Ronda Amigos del Bierzo. Cada unha delas cantará así mesmo dúas pezas durante a mostra.

Esta formación, que dirixe Silvina Bravo e reúne a unhas 15 persoas, ten cantado en diferente puntos da provincia de Ourense, así como na Catedral de Santiago e en igrexas doutras zonas da Coruña, así como en Ponferrada ou Vouzela.

Artigos relacionados

Back to top button