A viaxe que Alfonso Marnotes, director xeral de Orientación e Promoción Laboral, realizaba a Valdeorras na mañá do 18 de marzo permitíalle coñecer in situ o programa Aevaemprego que vai pola súa cuarta edición. Esta iniciativa, que se desenvolverá no Barco ata setembro de 2016, pretende facilitar a inserción laboral do colectivo de desempregados da comarca de Valdeorras e inclúe diversas accións, como formación, orientación laboral e prospección dos mercados. Conta con 60 participantes.
Este programa integrado para o emprego está subvencionado pola Xunta de Galicia, e executado e cofinanciado pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA).