EconomíaEconomíaÚltima hora

O equilibrio entre as enerxías renovables e os sectores agrícola e gandeiro

Iberdrola, a través do seu programa Convive, traballa en distintas iniciativas de cara a "favorecer a coexistencia coa enerxía verde e contribuír ao desenvolvo socioeconómico e a conservación da natureza", segundo a compañía

Cedida.

 

A través do seu programa “Convive”, Iberdrola está a traballar en distintas iniciativas que favorecen a “coexistencia coa enerxía verde e contribúen ao desenvolvo socio-económico e a conservación da natureza”, tal e como sinalan dende a compañía eléctrica. Ademais considera clave estas accións dentro do seu “caderno de bitácora” no seu camiño cara “á descarbonización e a transición enerxética, demostrando que sociedade, natureza e enerxía sostible poden convivir”.

A primeira Guía de Ecoturismo Eólico, da escritora Mar Ramírez, recompila rutas sostibles e respectuosos co medio e a diversidade a través de dez parqués eólicos de toda España. A obra pon en valor a importancia das enerxías renovables e convida a descubrir como se unen turismo sostible e eólica a través de experiencias que combinan historia, cultura e tecnoloxía. Un dos seleccionados é o do Sil, en Nogueira de Ramuín, Ourense, e propiedade de Iberdrola.

“Os seus aeroxeradores levan máis de dúas décadas compartindo espazo entre campos habitados por reses, cabalos salvaxes e pequenos pobos que viron como estas infraestruturas axudan a dinamizar a economía local. Un claro exemplo de que a subministración de enerxía limpa e sostible pode convivir coa sociedade e a natureza. Iberdrola leva anos realizando realizando accións de protección da biodiversidade cunha boa acollida por parte da poboación. Os parques eólicos compatibilizan a súa actividade coa gandería, a agricultura e xeran postos de traballo local. Moitos dos municipios onde se instalan infraestruturas deste tipo destinan os ingresos que reciben a mellorar os servizos en beneficio dos veciños ou facer os lugares máis atractivos para atraer nova poboación e turismo”, explican dende a compañía eléctrica.

O turismo industrial

Por outra banda, o pasado mes de decembro a compañía eléctrica, en colaboración co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e o Concello de Nogueira de Ramuín, iniciaba un proxecto piloto co obxectivo de dar a coñecer ao público en xeral o denominado turismo industrial. O encoro de Santo Estevo, en Ourense, o máis grande de Galicia, recibía por primeira vez a visita de turistas interesados en coñecer o día a día dunha central hidroeléctrica. poñendo de relevancia que a aceptación social polas enerxías renovables avanza.

A iniciativa, enmarcada tamén dentro do Programa “Convive”, tivo boa acollida. En 2023 a presa contou tamén cuns visitantes moi especiais: a Asociación de Comunicadores de Meteoroloxía e Iberdrola organizaron unhas xornadas sobre o clima nas que participaron presentadores de todas as cadeas de televisión de España, quen ademais ofreceron a información do tempo en directo desde o miradoiro da presa.

O programa Convive promove medidas que impulsan a integración das instalacións no territorio e na paisaxe, mellorando a súa contribución á diversidade biolóxica. “O obxectivo é impactar de maneira positiva a nivel social, económico e ambiental nos lugares onde Iberdrola conta con instalacións. Cada proxecto inclúe actividades concretas e a súa meta é facer das enerxías renovables un modelo sostible capaz de cohabitar coa contorna”, asegura Iberdrola. Ademais, Convive colabora anualmente con asociacións deportivas e culturais.

Artigos relacionados

Back to top button