OurenseÚltima hora

O equipo maker de Franciscanas gana o premio ao Mellor Deseño Drone co seu prototipo ‘Ecovixiante’

Era a súa primeira participación na Liga Maker Drone celebrada na Coruña

 

Deseñar, programar e voar un sistema sobre un dron para axudar a limpar os océanos. Ese foi o reto que tiveron que superar os mais de 180 estudantes participantes da II Liga Maker Drone, impulsada pola Fundacion Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia.

Despois de recibir nos seus respectivos centros a formación específica en diferentes campos relacionados ámbito científico-tecnolóxico como o deseño 3D, electrónica, voo de drons e prototipado, os 18 equipos de toda Galicia participantes tiveron que idear, deseñar e programar un mecanismo de recollida de residuos, instalado nun dron, capaz de recoller un residuo mariño, transportalo e depositalo no seu correspondente contedor a bordo dun barco.

 

Equipo gañador.

 

O equipo do colexio Divina Pastora-Franciscana de Ourense, formado por André, Mario, Mateo, Adrián, Pedro, Sarah, Iago, Martina e Maria, e coordinado polo profesor de tecnoloxía Javier Garea Parga, deseñou un sistema de recollida de residuos a partir de dous coadores que se activan grazas a un servomotor incorporado na parte inferior do dron. O sistema desenvolvido por este equipo maker destacou utilizando para a súa valoración os criterios técnicos establecidos pola organización.

Asím o xurado valorou as sinerxias entre deseño, requisitos técnicos como o peso ou o custo para obter unha solución funcional ao reto exposto, sendo este traballo merecedor do premio ao Mellor Deseño Drone.

Artigos relacionados

Back to top button