Máis de dúas horas de música para darlle á benvida ás vindeiras festas. Alumnos e profesores do Conservatorio e da Escola de Música do Barco celebraban na tarde do 19 de decembro o seu tradicional festival de Nadal nun Teatro Lauro Olmo abarrotado de público.
O festival comezaba ás sete da tarde e incluía unha gran diversidade de actuacións en canto a instrumentos e estilos musicais. Así tocaban grupos de corda, de música coral ou mesmo un conxunto de música tradicional, entre outros. Cada unha das pezas era presentada por dúas alumnas destes centros de ensinanzas musicais barquenses.
Fotos: A.R.