EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

O foro enoturístico “Ribeira Sacra, unha viaxe ás emocións”, con participación valdeorresa

Desenvolverase os días 12 e 23 de novembro no Hotel Balneario Augasantas (Pantón)

Foto: O SIL.

 

Baixo o título “Ribeira Sacra. Unha viaxe ás emocións” desenvolverase do 12 ao 13 de novembro unha xornada de reflexión e intercambio de experiencias entre profesionais do mundo do viño sobre enoturismo no Hotel Balneario Augasantas, no concello de Pantón. Este encontro está dirixido a profesionais do sector, empresarios turísticos e entidades de promoción.

O foro abrirase ás 16h. e a súa ponencia inaugural será “Reflexións sobre o desenvolvemento do enoturismo e os seus beneficios” e estará a cargo de Vicente Sotés, ex presidente do Comité Científico e Técnico-CST, Organización Internacional da Viña e do Viño. Deseguido, a consultora Vinka Woldarsky falará sobre como as “mellores prácticas de noturismo se insertan no éxito individual e colectivo nunha rexión vitivinícola”. Despois, pola tarde haberá dúas mesas redondas “Entre viños e viñedos… Durme, degusta e aprende” e “Non sabemos cal é a receita do éxito, pero viño seguro que leva”.

Ao día seguinte, 13 de novembro, o programa iniciarase ás 10:30h. con “Viño: o sabor dunha paisaxe” coas intervencións de Jorge Queiroz (Universidade de Porto), Paola Cocci (Associazione Nazionale Le Donne del Vino Marche) e Carolina Osorio (Quinta de Soalheiro).

 

 

A partir das 12h. terá lugar unha nova mesa redonda centrada desta volta no enoturismo nas Denominacións de Orixe galegas coa participación de Juan Vázquez (director xeral de Bodegas Martín Códax), Argimiro Levoso, da Adega Gargalo, co relatorio “Monterrei, porta dunha Eurrexxión”; Javier González responsable de Casal de Armán (Ribeiro); Araceli Fernández del Palacio, responsables de Adegas Godeval (Xagoaza, O Barco), que falará de Valdeorras como a “terra descoñecida da orixe do Godello” e Evaristo Moure (de Adegas Moure, D.O. Ribeira Sacra) que abordará a “Viticultura heroica e a paisaxe”.

Finalmente, está prevista a intervención da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e unha degustación dunha escolma de viños das adegas participantes na xornada xunto co produtos de calidade galego, coordinada por Alfonso Losada, experto en enoloxía e viticultura.

Artigos relacionados

Back to top button