CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Carlos Casares de Viana, Premio Galego de Educación para a Cidadanía Global

 

Na xornada deste venres 24 de marzo o IES Carlos Casares de Viana do Bolo recibía o Premio Galego de Educación para a Cidadanía Global, convocado pola Coordinadora Galega de ONG.

Nun fermoso acto celebrado en Santiago de Compostela o alumnado do centro vianés estivo acompañados por representantes de diferentes institucións “sen as que o desenvolvemento do seu proxecto non tería sido posible, como o Concello de Viana do Bolo, o CEIP Bibei, a Asociación Robreda, AGARESO, o CIM Viana, a ANPA do IES e a Rede Educativa de Apoio LGBT de Galicia”, indican dende o instituto.

 

 

Dende o IES agradecen ademais o labor do seu alumnado e equipo docente, coordinado polo profesor e Vicedirector Ovidio Villar, que nos últimos anos veu desenvolvendo “Coidados para un mundo global: todxs camiñamos pola mesma senda”, un proxecto cimentado sobre o voluntariado, a igualdade, a diversidade, a educación para a cidadanía global, o valor das nosas tradicións e as relacións entre as persoas, moi especialmente interxeracionais.

O centro vianés sumouse tamén aos parabéns aos centros premiados nas outras categorías,  o CEIP Sada e a Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña (Campus de Ferrol).

 

Artigos relacionados

Back to top button