CulturaCulturaÚltima hora

O Mago Teto presenta un novo espectáculo

“Íntimo” estrease os días 26 e 27 de outubro na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela
O Mago Teto nun espectáculo na Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.
O Mago Teto nun espectáculo na Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

Escrito e dirixido por Eduardo Alonso en coprodución con RTA, “Íntimo”, o novo espectáculo do Mago Teto, é unha viaxe na procura da esencia da maxia.

Xa dende cativo, a semente da maxia xerminou no corazón de Teto (natural de Viana do Bolo) ata converterse no soño de ser mago. E para acadalo tivo que estudar, preparase, ensaiar e esforzarse moito, pero tamén tivo que viaxar por moitos lugares onde a historia da maxia foi deixando partes da súa esencia: Viena, París, Londres, Nova Delhi ou Compostela. “En cada lugar onde vou descubro algo da esencia da maxia, pero non todo polo que debo seguir buscando para facerme co máis esencial da maxia de todos os tempos”, di o propio mago.

Quizais esté na música, ou na pintura, ou mesmo na literatura… Para saber se o Mago Teto é quen de atopar esa esencia, haberá que acompañalo nunha viaxe que comezará os días 26 e 27 de outubro ás 20 horas na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela.

O espectáculo “Íntimo. A Viaxe da miña vida” é para todos os públicos a partires dos 7 anos e xunto ao Mago Teto, forman parte do elenco Jorge Prieto e O Trasno Perello.

 

Cartaz do novo espectáculo do Mago Teto.
Cartaz do novo espectáculo do Mago Teto.

Artigos relacionados

Back to top button